viernes, 12 de mayo de 2017

FESTA DOS MAIOS 2017

Como cada ano no mes de maio, hoxe celebramos a chegada da primavera coa tradicional "Festa do Maio". Todos os nenos e nenas do centro contribúen á construción do maio vestindo con fiuncho, flores, cocas e outros elementos naturais unha armazón de madeira con forma de pirámide:
Como era de supoñer, unha alusión ao noso proxecto anual sobre Países e culturas coroaba o noso maio viaxeiro. QUEDOU XENIAL!!
Despois de dous días de traballo, reunímonos no ximnasio (a choiva non deu tregua!) para gozar cantando unhas coplas moi simpáticas e batendo cos nosos paus ao ritmo dos recitados. Unhas flores moi bonitas fixeron a presentación do que ía acontecer:
A continuación viñeron as coplas:
E cando xa pensabamos que o problema dos pokemon quedara solucionado no entroido, atopamos un Pikachu rebuldeiro agochado debaixo do maio!!! Estamos apañados!!! Teremos que seguir buscando polo mundo estes trasnos amarelos!!
Queremos dar as GRAZAS ás familias que quixeron acompañarnos neste día e a toda a comunidade educativa pola súa colaboración na achega dos materiais. E, por suposto, un agradecemento moi especial ao noso conserxe Alfonso e á nosa querida PROFE MARILUZ pola súa xenerosidade e pola súa impagable axuda.
Para ver máis fotos, clic nas seguintes ligazóns:

- ELABORACIÓN DO MAIO
- FESTA DOS MAIOS 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario