viernes, 31 de marzo de 2017

PRÓXIMA VISITA DE IAGO LÓPEZ

O alumnado de PRIMEIRO de EP está impaciente por recibir a visita de Iago López, autor do libro co que estiveron traballando e disfrutando, O cociñeiro Martiño. O próximo luns, día 3, será a data do encontro. Xa nos contaredes!!!

HORA DE BIBLIOTECA

Hoxe, como todos os venres, os nenos e nenas de cuarto de EP tivemos "hora de biblioteca". Baixaron coas súas carpetas para realizar diferentes tarefas relacionadas coa FORMACIÓN DE USUARI@S, a EDUCACIÓN DOCUMENTAL ou facer o PRÉSTAMO... Podes ver AQUÍ en que consiste a NOSA HORA DA BIBLIOTECA.

miércoles, 29 de marzo de 2017

VIGOHISTORIA: A RECONQUISTA

O alumnado de QUINTO e SEXTO de EP fixeron hoxe o roteiro da "Reconquista de Vigo", achegándose "in situ" á historia da nosa cidade, un día despois do festivo local dedicado á fabulosa fazaña de botar ao exército francés fóra da nosa vila durante a Guerra da Independencia. Esta actividade forma parte do programa "VIGOHISTORA", promovida polo noso concello. Así o recolle CRTVG nos seus informativos matinais:
http://www.crtvg.es/informativos/os-escolares-que-participan-no-programa-vigohistoria-a-reconquista

domingo, 26 de marzo de 2017

LETRAS GALEGAS: ACTIVIDADES SOBRE CARLOS CASARES

Desde a biblioteca do Ceip Mestre Valverde Mayo chegan as primeiras actividades para as Letras Galegas sobre o escritor homenaxeado este ano, Carlos Casares:
http://www.ceipmestrevalverdemayo.es/edlg/letrasgal2017/index.html
MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR

ITINERARIO LECTOR 16/17

Como cada ano, o alumnado do centro mergúllase nos libros do itinerario lector propostos polo equipo docente de cada nivel. Ao finalizar, complementarase a experiencia lectora coa visita dos autores/as das obras. O alumnado de PRIMEIRO de EP está gozando do libro O cociñeiro Martiño, de Iago López quen será o que inaugure as visitas á nosa biblioteca o próximo 3 de abril:
Os nenos e nenas de SEGUNDO de EP decantáronse pola poesía co libro de Fran Alonso, O meu gato é un poeta
El baño de Cleopatra, de Ana Alonso, e Rubicundo, de María Canosa, son os títulos dos libros que lerán os nenos e nenas de TERCEIRO de EP























O alumnado de CUARTO de EP está engaiolado con Nata y Chocolate, de Alicia Borrás Sanjurjo, a historia de Sonia, unha nena albina con moitos problemas na súa escola:
Os nenos e nenas de QUINTO e SEXTO de EP están lendo A lagoa das nenas mudas, de Fina Casalderrey, e Mil cousas poden pasar, de Jacobo Fernández Serrano










MOI BOAS E FELICES LECTURAS PARA TOD@S!!!

sábado, 25 de marzo de 2017

DÍA DA POESÍA: MÁIS RECURSOS

A continuación déixovos tres caderniños de poemas para Infantil e Primaria de J. Vilamoure :
BECHOS E OUTRAS XENTES é una colección de poesías sobre animais. A particularidade é que os animais que aquí aparecen non adoitamos atopalos como protagonistas na literatura infantil.

(clic en Fullscreen para ler)

POEMAS PARA LEVAR NA MOCHILA é un conxunto de poesías que tratan temas moi familiares e cotiáns na vida escolar.

VERSOS PARA PASAR O TEMPO é un conxunto de poesías que teñen como tema principal os fenómenos meteorolóxicos, as estacións, os meses..., temas moi presentes na escola de Infantil e Primaria.

viernes, 24 de marzo de 2017

SEMANA DA POESÍA: 8ª EDICIÓN!!!

A VOLTA AO MUNDO COA POESÍA foi o título que acolleu a SEMANA DA POESÍA, que rematou este venres cos recitados dos nenos e nenas de E. Infantil, despois de varias xornadas de gozar compartindo versos e transmitindo emocións.
O 21 de marzo, DÍA MUNDIAL DA POESÍA, comezou a nosa particular festa poética, unha actividade xa tradicional no noso centro, moi querida e valorada por todo o alumnado, cun longo percorrido que se iniciou hai xa oito anos. Despois de buscar, ler, seleccionar, memorizar e ensaiar concienzudamente, cada curso ofrece aos seus compañeir@s unha elaborada sesión de recitados. Cada día, durante a Hora de ler, acudimos á nosa cita poética no salón de actos e, cada día, saímos cunha doce sensación e co desexo de repetir esta agradable experiencia. O fío condutor deste ano foi o libro VERSOS DE NIÑOS DEL MUNDO, de Carlos Reviejo, do que se seleccionaron todos os poemas recitados en castelán. Para os recitados en lingua galega, cada curso escolleu os seus autores/as favoritos: Manuel María, Rosalía de Castro, Antonio García Teijeiro... Moitos PARABÉNS a todos os nenos e nenas que, una vez máis, nos engaiolaron coa súa ilusión, coa súa alegría e co seu bo facer. GRAZAS por achegarnos a beleza da POESÍA!!! O alumnado de QUINTO e SEXTO de E. Primaria inaugurou as xornadas de poesía ofrecendo unha orixinal posta en escena. Tamén nos fixeron partícipes da súa creatividade cuns fermosos HAIKUS:
Ao día seguinte tocoulles aos nenos e nenas de TERCEIRO e CUARTO de EP que recitaron magníficamente uns preciosos poemas:
O xoves encheron o escenario de gracia e simpatía os nen@s de PRIMEIRO e SEGUNDO de EP:
A espontaneidade e a tenrura dos mais peques foron o broche de ouro para esta actividade que nos proporciona tantas satisfaccións:
E, como non, grazas ao público polo seu entusiasmo e os seus aplausos:
Moitos bicos ratunos e ATA O ANO QUE VEN!!!
Podes ver máis fotos nas seguintes ligazóns: QUINTO E SEXTO - TERCEIRO E CUARTO - PRIMEIRO E SEGUNDO - E. INFANTIL

lunes, 13 de marzo de 2017

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Baixo o lema "A VOLTA AO MUNDO EN 80 HISTORIAS CONTADAS POR MULLERES" conmemoramos durante toda a semana pasada o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Desta vez, o noso amiguiño MIK propúxonos atopar escritoras ou ilustradoras entre os libros da biblioteca de centro, de aula ou os das nosas casas; e abofé que atoparon, tantas foron, que tivemos que ir ampliando o espazo onde ían pousando os seus achados. Ademais, o alumnado de 4º deixou diante dos expositores nunha cestiña algún deses libros, dos que os nenos e nenas da clase de Infantil fixeron bo uso. A pescuda era unha das tarefas, a outra, a posibilidade de ir lendo cada día un anaco do libro "La mujer que cocinaba palabras" que pouco a pouco se foi completando noutro panel colocado na zona da biblioteca. Unhas actividades ben sinxelas, pero que serviron para visibilizar a figura da muller dentro do mundo literario.

viernes, 3 de marzo de 2017

NOVO ENCARGO DE MIK!!!

Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, o próximo 8 de marzo, a semana pasada recibimos unha nova carta do noso amiguiño MIK na que nos propón buscar na biblioteca ou na casa libros que foron escritos e/ou ilustrados por mulleres (seguro que atoparemos moitísimos!!!). Despois deberemos escoller un deles e facer a súa ficha bibliográfica para colocala no panel da biblioteca e que servirá como recomendación lectora para o resto dos compañeir@s. Veña, a buscar!!! Velaí van algunas pistas:

MÁIS ROSALÍA!

Máis traballos sobre Rosalía de Castro!! O alumnado de CUARTO de EP pintou varios retratos da escritora e ilustrou un dos seus poemas:
Tamén elaboraron unas rosas preciosas que levarán prendida una poesía da escritora, coas que agasallarán ás súas familias:

DÍAS DE ROSALÍA

Desde a semana pasada todo o alumnado do centro está realizando moitas e moi creativas actividades arredor da figura da nosa universal Rosalía de Castro. Os nenos e nenas de 5º de EP prepararon un completísimo traballo colectivo sobre a vida e a obra da escritora, do que fixeron partícipes ao resto de compañeir@s. Hoxe visitaron a aula de CUARTO de EP onde ofreceron unha estupenda exposición da biografía da autora, adoviada con algúns dos seus poemas e preciosos debuxos.
Tamén explicaron a orixe do kamishibai:
Moitos PARABÉNS a tod@s polo fantástico traballo!!!

DÍA DA PAZ

O día 28 de xaneiro celebramos no cole o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia cun sinxelo acto cheo de simbolismo no que participou todo o alumnado do centro xunto co profesorado. Ás 12 da mañá reunímonos no ximnasio dispostos a reivindicar a necesidade de construir un mundo no que a PAZ envolva garimosamente a todos os seres humanos.
Durante moitos días houbo lecturas, reflexións e postas en común nas aulas sobre os valores e as actitudes que nos conducirían á PAZ, e elaboruse unha recreación alegórica cos nosos pensamentos e coas nosas conclusións:
A PAZ é como unha árbore sustentada por unhas fortes raíces de XENEROSIDADE, RESPECTO, TOLERANCIA, EMPATÍA, ALTRUISMO…
Que alimentan un robusto tronco e unhas vigorosas pólas que levan a savia da paz ata os milleiros de follas que xurden espléndidas formando unha frondosa copa de AMOR, AMIZADE, COMPAÑÍA, CARIÑO, IGUALDADE, ESPERANZA…, chea de froitos como a ALEGRÍA, os SORRISOS, o PROGRESO, a CULTURA…
E á sombra desta árbore marabillosa queremos ter o noso MUNDO:
Un MUNDO agradecido que nos agasalla coa ledicia de COMPARTIR:
E así rematou o noso acto pola PAZ, coa sensación de ter berrado con forza e cunha mesma voz: ¡QUEREMOS PAZ!