lunes, 1 de mayo de 2017

APADRIÑAMENTO LECTOR 2017

Por fin chegou o tan agardado día do Apadriñamento lector, unha das actividades más apreciadas polo alumnado do centro. O APADRIÑAMENTO LECTOR é unha experiencia posta en marcha para o fomento da lectura que leva outras aprendizaxes significativas tanto ou máis importantes que as pretendidas inicialmente, a partir das emocións que xorden da cooperación entre grandes e pequenos. Con esta actividade créanse ligazóns afectivas que a ningún dos protagonistas vai deixar indiferente. Consiste en que o alumnado de cursos superiores (de 3º a 6º) sexan padriños /madriñas do alumnado de cursos inferiores (dende infantil 3 anos ata 2º nivel) para compartir momentos de lectura. Con estas sinxelas premisas levamos a cabo o Apadriñamento lector para celebrar o Día Mundial do Libro e, como todos os anos, TIVO MOITO ÉXITO!!! Con axuda dos seus familiares, os padriños e as madriñas seleccionan e preparan na casa e na escola todos os aspectos relacionados co texto e coa súa lectura (expresión, entoación, linguaxe corporal, etc) Entre os obxectivos que se pretenden conseguir:
-Dinamizar a biblioteca: coñecer os fondos, utilizar o servizo de préstamo...
- Animar a ler ao alumnado, tanto aos maiores como aos máis pequenos.
- Favorecer a comunicación e afectividade entre os alumnos de distintas idades.
- Promover o gusto pola lectura nos seus diferentes contextos.
- Potenciar a linguaxe oral, saber expresarse para ser entendido.
- Favorecer o saber escoitar.
- Desenvolver a responsabilidade e o compromiso.
- Implicar aos rapaces maiores no proceso de aprendizaxe dos pequenos.
- Aumentar a autoestima.
- Fomentar a convivencia: escoita ao outro, respecto...
-Aumentar a motivación fronte ao proceso lector.
Resumindo, a través desta actividade, que une a alumnos de diferentes idades nun mesmo proxecto, animamos de forma sinxela á lectura favorecendo a comunicación e potenciando a adquisición e consolidación das habilidades lingüísticas e sociais.
ASÍ se desenvolveu a actividade:
Á hora prevista, madriñas, padriños e afillad@s reuníronse no patio enchendo de maxia todos os seus currunchos... Repetíronse as fórmulas e consignas habituais: mentres a música soaba os nenos e nenas buscaban un lugar onde acomodarse.

Pouco despois, os libros abríanse e voaban as palabras provocando conversas e sorrisos.
Ao finalizar o tempo de lectura, padriños, madriñas e afillad@s intercambiaron agasallos como lembranza dese momento tan especial e como expresión do desexo de repetir a experiencia en cursos vindeiros.
 
 
 

Un ano máis, un auténtico pracer!! PARABÉNS A TOD@S E ATA O ANO QUE VÉN!!! PARA ACCEDER AO ÁLBUM CON TODAS AS FOTOS, CLIC AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario