viernes, 3 de marzo de 2017

DÍA DA PAZ

O día 28 de xaneiro celebramos no cole o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia cun sinxelo acto cheo de simbolismo no que participou todo o alumnado do centro xunto co profesorado. Ás 12 da mañá reunímonos no ximnasio dispostos a reivindicar a necesidade de construir un mundo no que a PAZ envolva garimosamente a todos os seres humanos.
Durante moitos días houbo lecturas, reflexións e postas en común nas aulas sobre os valores e as actitudes que nos conducirían á PAZ, e elaboruse unha recreación alegórica cos nosos pensamentos e coas nosas conclusións:
A PAZ é como unha árbore sustentada por unhas fortes raíces de XENEROSIDADE, RESPECTO, TOLERANCIA, EMPATÍA, ALTRUISMO…
Que alimentan un robusto tronco e unhas vigorosas pólas que levan a savia da paz ata os milleiros de follas que xurden espléndidas formando unha frondosa copa de AMOR, AMIZADE, COMPAÑÍA, CARIÑO, IGUALDADE, ESPERANZA…, chea de froitos como a ALEGRÍA, os SORRISOS, o PROGRESO, a CULTURA…
E á sombra desta árbore marabillosa queremos ter o noso MUNDO:
Un MUNDO agradecido que nos agasalla coa ledicia de COMPARTIR:
E así rematou o noso acto pola PAZ, coa sensación de ter berrado con forza e cunha mesma voz: ¡QUEREMOS PAZ!

No hay comentarios:

Publicar un comentario