lunes, 13 de marzo de 2017

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Baixo o lema "A VOLTA AO MUNDO EN 80 HISTORIAS CONTADAS POR MULLERES" conmemoramos durante toda a semana pasada o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Desta vez, o noso amiguiño MIK propúxonos atopar escritoras ou ilustradoras entre os libros da biblioteca de centro, de aula ou os das nosas casas; e abofé que atoparon, tantas foron, que tivemos que ir ampliando o espazo onde ían pousando os seus achados. Ademais, o alumnado de 4º deixou diante dos expositores nunha cestiña algún deses libros, dos que os nenos e nenas da clase de Infantil fixeron bo uso. A pescuda era unha das tarefas, a outra, a posibilidade de ir lendo cada día un anaco do libro "La mujer que cocinaba palabras" que pouco a pouco se foi completando noutro panel colocado na zona da biblioteca. Unhas actividades ben sinxelas, pero que serviron para visibilizar a figura da muller dentro do mundo literario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario